Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Idioma Moderno 3: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais B3 C8 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións 20
Proba mixta A15 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas 35
Proba oral A15 B1 B3 C5 C6 C8 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua 20
Presentación oral B6 C8 Terase en conta tanto a elaboración como a presentación, como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. 20
Sesión maxistral A15 B1 C8 Terase en conta a asistencia a clase e a participación activa na aula. Non se adquirirá a puntuación se se produce unha falta de asistencia superior ao 10 %. 5
 
Observacións avaliación
Cabe a posibilidade de que eventualmente se produza algún cambio nas probas.

Criterios de avaliación: na primeira oportunidade, o alumno ten que cumprir as seguintes condicións:

1. Aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral.

2. Facer polo menos a metade das actividades propostas na avaliación.

Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non faga o conxunto das Probas mixta e oral, salvo se realizou o 50% ou mais das actividades propostas.

Na segunda oportunidade se o alumno aprobou o conxunto das probas mixta e oral só terá que completar as actividades restantes. Se o alumno non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas ou suspendidas as demais actividades tamén terá que repetilas.

Obterá unha cualificación de "non presentado" quen non realice a proba mixta e, ademais, entregase menos do 50% das actividades do curso.

Ao comezo do curso darase un calendario onde se especifique os días de entrega dos traballos e das diferentes actividades de avaliación.

Os alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes