Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua Española 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B4 B6 B7 B10 C1 Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Neste exame evaluaranse todos os temas incluídos no estudo descriptivo da lingua (primeiro bloque do temario). Valorarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. As actividades do exame serán semellantes ás suscitadas en clase.
50
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B1 B2 B5 B6 B7 C3 Avaliación das actividades e pequenas probas que se susciten ao longo do curso. Avisarase con antelación cando se realizarán as pequenas probas. 40
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A15 A19 B2 B4 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C6 Valorarase a produción de textos dotados de coherencia e cohesión, adecuados á situación comunicativa e correctos.
10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Cualificarase como non presentado quen non se presente ao exame final oficial, independientemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición, salvo que na segunda oportunidade, en casos concretos, se favoreza ao alumno reducindo o número de actividades para entregar. Só se cualificará como non presentado quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame oficial de xullo.

Os traballos ou actividades entregaranse como se indíque en cada caso, ben por correo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a cada estudante, ben en clase, en man. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción. Deben entregarse no prazo fixado.

Para aprobar a asignatura, as actividades, os textos e os exames deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal, etc.). Faltas de ortografía como uso incorrecto de acentos, puntuación, etc., descontarán 0,2 puntos; no caso das faltas graves, descontaranse 0,5 puntos.

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade.

En relación cos estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida, trataranse co profesorado en cada caso as actividades ou probas compensatorias que haberán de realizar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes