Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A13 B8 O estudante dará conta do aproveitamento da lectura obrigatoria da Eneida por medio dun exercicio de control de lectura. 10
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia e participación activa na aula (10%) como os resultados de eventuais traballos individuais que se propoñan (que deberán ser entregados por escrito) e os controis de contidos que poidan facerse periódicamente (20%). 40
Proba obxectiva A23 B1 B6 Probas escritas individuais de carácter práctico, que se efectuarán, respectivamente, a metade e a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 en cada unha destas probas para poder facer media cos demais conceptos. 50
 
Observacións avaliación

En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.

Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas obxec tivas con arreglo á seguinte porcentaxe: control de lectura: 10%; proba de análise morfolóxica (40%); proba de análise morfosintáctica e tradución (50%). Como na primeira oportunidade, tamén na segunda a proba escrita deberá obter, como mínimo, unha calificación de 4 puntos (con exame calificado sobre 10) tanto na parte correspondente a análise morfolóxica como na correspondente a análise morfosintáctica e tradución.

O estudante será cualificado con Non Presentado en caso de que non realice as probas obxectivas previstas.

O estudante matriculado na modalidade de tempo parcial será dispensado de asistencia ás sesións prácticas. A porcentaxe da avaliación correspondente a estas será compensado na baremación das probas obxectivas, que pasarán do 50% ao 90%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes