Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Literatura Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 A asistencia regular ás clases contará ata un 5%, mais o profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe ata un 20%. Para esto, terase en conta a contribución activa e o rendimento de cada estudante nos exercicios individuais e/ou en grupo, orais e/ou escritos, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 Englóbanse nesta categoría todas aquelas actividades individuais ou grupais realizadas na clase ou fóra dela e que se anuncien como puntuables: resumos, análises de texto, revisións, etc. Terán lugar, principalmente, nas clases de T.G.R., polo que todas serán cuidadosamente supervisadas polo profesorado. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 Haberá un exame final no que o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre.
Non se pode aprobar a materia ser obter un mínimo de 4 sobre 10 neste exame (nunca menos dun 1,75 sobre 5 en cada unha das dúas partes). Se non se chega a estes mínimos nesta proba, non se lle sumará á nota do exame ningunha outra nota obtida no resto de apartados avaliables.
50
 
Observacións avaliación
  • Obterase una calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 1) unha proba escrita (co
    mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na oportunidade de xuño) que avaliará o dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) as actividades que se especifiquen no seu momento, que se deberán entregar, como moi tarde, ao comezo do exame final, e que contarán o outro 50% da nota.
  • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante ás porcentaxes de "Discusión dirixida" e "traballos tutelados".
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma
    para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
    mesmos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes