Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Literatura Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta Haberá un exame final no que o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre.
Non se pode aprobar a materia ser obter un mínimo de 4 sobre 10 neste exame (nunca menos dun 1,75 sobre 5 en cada unha das dúas partes). Se non se chega a estes mínimos nesta proba, non se lle sumará á nota do exame ningunha outra nota obtida no resto de apartados avaliables.
50
Discusión dirixida A asistencia colaborativa ás clases contará ata un 5%. Adicionalmente, o profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe ata un 15%. Para esto, terase en conta a contribución activa e o rendimento de cada estudante nos exercicios individuais e/ou en grupo, orais e/ou escritos, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. 20
Traballos tutelados Traballos escritos de dificultade diversa, feitos na clase, nos que o alumnado debe demostrar, principalmente, a súa capacidade de interpretación literaria e análise textual, así como de redacción argumentativa en inglés. 30
 
Observacións avaliación
<ul>
  • Obterase unha calificación de "non presentado" por
    non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente
    unha porcentaxe inferior ao 50%.
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous
    apartados:
  • </ul><blockquote><p>1) unha proba escrita ou exame final (co mesmo deseño e
    aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) que avaliará o
    dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota;</p><p>2) a(s) actividade(s) escritas que se especifique(n) no caso
    de cada estudante, que se deberá(n) entregar, como moi tarde, ao comezo do exame
    final, e que contará(n) o outro 50% da nota. Por exemplo, o alumnado que deba
    recuperar este segundo apartado ao completo deberá entregar un traballo
    individual e persoal de interpretación literaria e análise textual de 5-6 páxs.
    sobre o tema que se especificar no seu momento.</p></blockquote><ul>
  • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida
    unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
    principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a
    oportunidade de xullo.
  • O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de
    decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de
    xullo.
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación
    de "cero" nesta actividade.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en
    tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
    mesmos.
  • </ul>
    Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes