Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Literatura Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A7 A10 A11 A18 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C6 Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. 20
Aprendizaxe colaborativa A2 A3 A5 A9 A11 A17 A19 B1 B2 B4 Terase en conta a asistencia e a participación de cada estudante nas aulas, con controis onde se poña de manifesto o seu interese e a súa evolución. 10
Proba obxectiva A1 A2 A10 A11 B4 B8 B10 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
Obradoiro A5 C1 C3 Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas unha proba consistente no comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como control do aprendido neste campo. 20
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar esa información, é importante ter en conta os seguintes criterios:

1. O 50% da cualificación final obterase polas
probas escritas (exames) que cada estudante realizará ao finalizar o curso, nas convocatorias oficiais de primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame
non é posible compensalo cun 7 pola suma de actividades e asistencia. Os exames realizaranse en data, hora e lugar establecidos polos
horarios oficiais do centro.

2. Con independencia do anterior, en coincidencia coas
convocatorias oficiais de xaneiro, haberá un exame opcional
que permitirá liberar materia da primeira parte da asignatura.

3. O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Un 20% corresponderá a dous comentarios de texto,
feitos por escrito, en horario de curso, á fin de cada período, en decembro e en maio. O outro 20% será
para dous controis de lectura feitos de modo semellante ao anterior, por
escrito, nas aulas, tamén á fin de cada período.

4. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

5. Para obter cualificación é indispensable presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en
primeira como en segunda oportunidade. De non facerse así, considerarase á persoa como Non Presentada (N.P.).

6. No caso das actividades (comentario e lecturas), toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportiunidade, a de xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as
probas pertinentes.

7. O alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida, deberá comunicar por escrito ao profesorado a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse as actividades que se determinen.

8. As probas escritas e as actividades deberán
cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (acentuación,
ortografía correcta, puntuación, concordancia sintáctica, inexistencia de
reiteracións, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal). As
deficiencias na ortografía e na redacción serán penalizadas na cualificación
con medio punto por falta. No caso de estudantes de lingua estranxeira,
será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión
oral como escrita, equivalente en todo caso ao nivel B2.

9. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Moodle.

10. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos na web institucional: https://www.udc.es/normativa/estudantes/index.html

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes