Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Literatura Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
Lecturas A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. 20
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Terase en conta a asistencia e a participación de cada estudante nas aulas, con controis onde se poña de manifesto o seu interese e a súa evolución. 10
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas unha proba consistente no comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como control do aprendido neste campo. 20
 
Observacións avaliación

     A anteriores
porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta
o seguinte:

     1. O 50% da cualificación final obterase
polas probas escritas (exames), en convocatorias oficiais de primeira e de
segunda oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase
obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible
compensalo cun 7 pola suma de actividades e asistencia.

     2. Con independencia do anterior, haberá un
exame opcional en xaneiro que permitirá liberar materia da primeira parte da
asignatura.

     3. O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Un 20% corresponde a dous comentarios de texto e outro
20% para dous controis de lectura. En ambos casos, as probas serán por escrito,
en horario de curso, á final de cada período, en decembro e en maio.

     4. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso, con atención
á aprendizaxe colaborativa.

     5. Para obter cualificación é indispensable
presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda
oportunidade.

     6. Toda avaliación positiva será gardada
para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar
suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as probas pertinentes.

     7. O alumnado con dispensa académica recoñecida
deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es,
co asunto: "Asistencia", en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. A
dispensa académica elimina neste caso o 10% correspondente á asistencia. Esa
porcentaxe trasládase ás actividades, que pasarán a contar cada una o 25% da
cualificación final.

     8. O
alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas ten a opción de acollerse ao
sistema anterior, mediante aceptación expresa, comunicada a través dun correo
electrónico a luis.caparros@udc.es, antes do día 15 de setembro.

     9. As probas escritas e as actividades
deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística
en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía, precisión léxica, ausencia de abreviaturas,
rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio punto
en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira será indispensable un
dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

     9. Forma parte das obrigas do alumnado
estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da
plataforma Moodle.

     10. Lémbrase que os dereitos e deberes do
alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web
institucional: http://www.udc.es/normativa/estudantes/estatuto_estudantado.html
O resto de normativa pode consultarse en: http://www.udc.es/normativa/academica/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes