Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Estruturas e Variedades do Latín
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A12 A13 A15 A23 C1 Consistirá nunha proba escrita con cuestións a desenvolver sobre o temario desarrollado na aula. Poderá conter preguntas de índole teórica (explicación teórica dunha ou de varias cuestións do temario explicado) e exercicios de tipo práctico (comentario e explicación de textos). A proba terá lugar na data que figura no calendario oficial de exames aprobado pola Xunta de Facultade. Para superala, e para superar a materia, deberá alcanzarse na proba escrita unha calificación mínima de 5 puntos. 50
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A13 A15 Asistencia de maneira regular ás aulas, participación activa nas mesmas e realización das tarefas que se encomenden. 25
Traballos tutelados A1 A2 A13 A15 A23 B3 B4 B6 B7 C1 Os traballos tutelados, que o alumno terá que desenvolver coa supervisión do profesor, estarán relacionados preferentemente coa actividade desenvolvida na aula, pero poderán ser tamén complementarios da mesma. Valorarase o seu contido e a súa correcta presentación. 25
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación na convocatoria de segunda oportunidade serán os mesmos ca os establecidos para a convocatoria do mes de maio.

Os estudantes que, por teren dispensa académica, non asistan ás aulas, deberán preparar pola súa conta os traballos e actividades programados, que suporán un 50% da cualificación global

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes