Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 O estudante deberá realizar varios informes de lectura (recensións bibliográficas). Deberán axustarse ao formato que se especifique e entregarse nas datas establecidas. 40
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C6 Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos... Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación" (10%); ademais, algunhas das tarefas (individuais e colectivas) avaliaranse especificamente no apartado de "Actividades realizadas" (25%). 35
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C7 O estudante deberá realizar un traballo académico individual. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. 25
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A23 B4 B5 B6 B7 C6 C1 Só realizarán esta proba os estudantes que conten cunha dispensa académica oficial ou cursen a materia por segunda ou máis veces. Nestes dous casos, a cualificación da proba mixta substitúe a do apartado "Actividades realizadas" (25%) e a de "Asistencia e participación" (10%). De consideralo conveniente o profesor, tamén substitúe a do apartado "Traballo tutelado" (25%). Terá un valor, polo tanto, do 35-60%. 0
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xuño 2016) responderá á seguinte distribución porcentual:

1.1. Un 40% responderá ás recensións bibliográficas elaboradas, que deberán entregar no formato e datas establecidos.

1.2. Un 25% responderá a algunhas das actividades realizadas dentro e fóra da aula, grupais e/ou individuais, no marco dos obradoiros.

1.3. Un 25% responderá ao traballo tutelado que o estudante realizará sobre un tema determinado polo profesor.

1.4. Un 10% responderá á asistencia e participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, tanto nas aulas presenciais como no traballo fóra delas.

1.5. Quen teña unha dispensa académica oficial ou curse a materia por segunda ou máis veces, realizará unha proba mixta na data e hora oficiais establecidas polo centro ao final do segundo cuadrimestre. Esta cualificación substituirá a dos apartados 1.2 e 1.4 e, de consideralo conveniente o profesor, tamén o 1.3 (representará entre un 35 e un 60% da cualificación final.)

1.6. Recibirá a cualificación final de Non Presentado quen entregue menos do 50% das recensións encargadas e das actividades realizadas no obradoiro (ou, de ser o caso, non realizara a proba mixta); ademais, deberá non ter realizado o traballo tutelado (ou, de ser o caso, a proba mixta).

1.7. Os traballos, actividades ou recensións nos que se detecte copia total
ou parcial serán cualificados
con cero puntos. Os entregados fóra de prazo sufrirán unha redución
considerable na cualificación ou mesmo serán computados na oportunidade
de xullo.

1.8. Superará a materia quen obteña unha cualificación mínima global de 5.00, sempre que realizara o traballo tutelado (ou a proba mixta) e entregara polo menos a metade das recensións e das actividades (ou a proba mixta.)

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. Os estudantes deberán realizar as actividades, recensións e traballos encargados (ou os que os substitúan) que non realizaran ou non superaran no seu momento.

2.1. Quen non superara a proba mixta, deberá facelo na data de xullo establecida polo centro.

2.2. Quen recibira unha cualificación inferior a 5.00 no apartado de "Asistencia e participación", recibirá un 50% polo de "Recensións bibliográficas".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes