Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Española 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse nas sesións comúns de carácter expositivo. A profesora presentará os temas e desenvolverá os apartados que se consideren de especial dificultade.
Solución de problemas Exercicios prácticos nos que se aplicarán os contidos do temario. Proponse unha metodoloxía activa, o que supón que o estudante se implique na aprendizaxe e traballe con asiduidade.
Obradoiro Desenvolverase un obradoiro de composición de textos. O obradoiro sustentarase basicamente no traballo persoal de cada alumno e no traballo grupal; sexa nun caso ou sexa no outro, a profesora tutelará constantemente a aprendizaxe do estudante.
Lecturas O alumno preparará, fóra de clase, as lecturas que a profesora indique.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación en eventos científicos ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposiciones, etc.) que permiten profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade. Nesta proba avaliarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. Así mesmo, valorarase notablemente a corrección no uso da lingua.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes