Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Española 1
   Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Lecturas
Solución de problemas
Proba mixta
Descrición
Alumnos con dispensa académica recoñecida ou a tempo parcial: favorecerase o uso de titorías presenciais ou telemáticas como apoio á docencia. Por outra banda, aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación, mais con maior flexibilidade nas datas de entrega, que se acordarán entre profesores e alumno.

Fomentaranse as titorías para todas as metodoloxías que o requiran, como as actividades que precisen dunha fase de preparación e seguimiento. Así mesmo, atenderase aos alumnos ao longo de todo o curso para resolver dúbidas da materia, tanto para a primeira edición de actas como para a segunda. Finalmente, analizaranse tamén individualmente os resultados das actividades e probas.

As titorías poderanse levar a cabo persoalmente ou mediante correo electrónico. No primeiro caso, os alumnos acudirán ao gabinete dos profesores no horario establecido, que se fará público a principio de curso.

A posible atención a alumnos con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben en clase. Se é preciso deseñaranse actividades especiais.

Polo que respecta aos alumnos con dispensa académica recoñecida, adicaranse as sesións de titoría (presencial ou por correo electrónico) para o seguimento da súa actividade académica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes