Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Española 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 C7 Valorarase a produción de textos dotados de coherencia e cohesión, adecuados á situación comunicativa e correctos. O obradoiro avaliarase mediante unha tarefa dacordo coas indicacións que se farán públicas a través do Campus Virtual. 20
Solución de problemas A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 Avaliación de actividades e probas que se realizarán a lo longo do cuadrimestre. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A15 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C8 Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo (segunda oportunidade) os días sinalados oficialmente pola facultade. Neste exame evaluaranse todos os temas incluídos no estudo descriptivo da lingua (primeiro bloque do temario). Valorarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. 50
 
Observacións avaliación

Na avaliación desta materia tomaranse en consideración as probas de solución de problemas (30 %), a actividade do obradoiro (20 %) e a proba mixta (50 %). Para superar a materia, a calificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10. 

A actividade do obradoiro entregarase a través do Campus Virtual dentro do prazo fixado. A entrega de actividades fóra de prazo penalizarase na nota correspondente.

As actividades, os textos e os exames deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal, etc.). Faltas de ortografía como uso incorrecto de tildes, puntuación, etc., descontarán 0,2 puntos; no caso das faltas graves, descontaranse 0,5 puntos. 

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividad ou da proba.

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)

Cualificarase como "non presentado" a quen no se presente ao exame final oficial, nin na primeira oportunidade (xaneiro) nin na segunda (xullo), independentemente do número de actividades entregadas.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade poderanse recuperar os instrumentos de avaliación arriba descritos (solución de problemas, obradoiro e proba mixta) coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade.

CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nun exame teórico-práctico.

ALUMNOS CON DISPENSA ACADÉMICA

Aos alumnos con dispensa académica recoñecida se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación. Deben poñerse en contacto cos profesores antes de finalizar o mes de setembro.

ALUMNOS CON MEDIDAS DE APOIO Á DIVERSIDADE

Aos alumnos que precisan medidas de apoio a la diversidad se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación (coa implementación e flexibilidade que requira a situación concreta do estudante).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes