Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos contidos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema.
Lecturas O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística.
Obradoiro Nas sesións de grupo intermedio, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais.
A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicio estrutural, estudo de casos e solución de problemas, análise e corrección de documentos orais e escritos, redacción, debate, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia.
Traballos tutelados Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará un traballo tutelado en grupo que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas.
Presentación oral Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que desenvolver unha proba oral a partir das instrucións facilitadas previamente polo / pola docente.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta (teórico-práctica) de carácter escrito en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes