Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 No traballo tutelado, de carácter grupal, avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
35
Presentación oral A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 Na presentación oral avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 15
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A11 A15 A21 A23 A25 B1 B4 B5 B6 B7 Na proba mixta (teórico-práctica), de carácter escrito, testaranse os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a competencia comunicativa na escrita). 50
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS
XERAIS

1.1. Para
superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos sobre 10 tanto na PROBA MIXTA ESCRITA como na PRESENTACIÓN ORAL
Alén disto, na proba mixta escrita deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10
para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

1.2. Tanto
as actividades como as probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado no campus virtual).

1.3. O TRABALLO
TUTELADO entregarase na aula, en papel, nos días fixados polo profesorado. Aplicarase
unha penalización do 25 % sobre a cualificación final desta actividade se for
entregada fóra de prazo sen causa xustificada.

1.4. Os / As
alumnos/as que non superaren a materia na 1.ª oportunidade (xaneiro) poderán
recuperala parcial ou totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas
detalladas na epígrafe seguinte.

1.5. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin,
ferramenta para a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente
presentados nesta ou noutras universidades polo/a estudante).

1.6. En calquera actividade avaliábel a falta de
honradez académica levará consigo a cualificación de 0 na oportunidade en que se producir, ao abeiro das  "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario".

1.7. A materia poderá ser adaptada aos/ás estudantes que
precisaren da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na
UDC / no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
ou, no seu defecto,
coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

2. CUALIFICACIÓN
FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os / As
estudantes que suspenderen a PROBA MIXTA ESCRITA deberán facer outra proba do
mesmo tipo que a da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar estabelecidos no
calendario oficial de exames da Facultade para a 2.ª oportunidade. Esta proba
suporá igualmente o 50 % da cualificación final e será preciso obter 5 puntos
sobre 10 nela para aprobar a materia.

2.2. Os / As
estudantes que non atinxiren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN ORAL (con 5
puntos sobre 10), que supón o 15 % da cualificación final, terán que defendela
de novo na 2.ª oportunidade. Esta proba oral realizarase a seguir á proba mixta
escrita da 2.ª oportunidade.

 

3.
CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

3.1. En cada
oportunidade de avaliación o / a alumno/a recibirá a cualificación de NON
PRESENTADO/A (NP) se non realizar a proba mixta escrita e, alén disto, se o
número de actividades avaliábeis entregadas for inferior ao 50 %.

 

4. ALUMNADO
A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O
alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá
pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso e asistir ás
titorías obrigatorias para planificar, en cada situación concreta, os axustes
necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán
substituídas por outras non presenciais equivalentes).

 

5.
CONVOCATORIA DE DECEMBRO

O alumnado
que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte maneira:
proba mixta (50 %), presentación oral (15 %) e traballo tutelado (35 %).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes