Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 A14 B1 B2 C1 Un 50% da calificación final resultará de tres actividades de análise e comentario de textos propostas as estudantes, que serán presentadas por escrito conforme aos prazos e condicións acordados entre o profesor e os estudantes. Estas tres actividades serán as seguintes:
- exercicio de comentario morfolóxico: 10%
- exercicio de análise morfosintáctico e tradución: 20%
- exercicio de comentario literario: 20%
50
Lecturas A11 B3 B6 B7 B8 O/a estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante controis de lectura ou, no seu caso, recensións 10
Proba obxectiva A2 A13 C1 C6 Efectuaranse dúas probas escritas individuais de carácter teórico-práctico, unha ao final do primeiro bimestre (sobre cuestións de lingua) e outra na data de maio estipulada no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía (sobre cuestións de literatura). Cada unha suporá o 20% da cualificación global. Na oportunidade de xullo haberá unha única proba sobre cuestións de lingua, de literatura e control de lecturas, que suporá o 50% da cualificación global. Porén, os estudantes que superasen na oportunidade de maio algunha das probas terán que examinarse so daquela que teñan suspensa. 40
 
Observacións avaliación

As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. 

A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5. 

Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes/suspensas, coas mesmas condicións e porcentaxes. 

De non realizar as probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado.

A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura.  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes