Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos estudados no curso e recollidos no temario da asignatura.
Obradoiro Debate na aula na base do libro Os Pazos de Ulloa, dos capítulos previamente indicados ao alumnado e lidos por este con anterioridade, en horas non presenciais. A profesora encargada do obradoiro dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos matriculados (agás aqueles con dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores). Valorizaranse as intervencións de cada alumno ao longo do obradoiro.
No apartado de Avaliación (Observacións 3.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia a estas clases no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.
Lecturas Lecturas complementarias, por conta do alumnado, do material bibliográfico recomendado polo profesor e relacionado coas leccións do temario.
Sesión maxistral Exposición oral a cargo do profesor, centrada nos contidos do programa da materia. O seguimento das sesións maxistrais constitúe unha conditio sine qua non pra debater de maneira axeitada nas clases interactivas.
Discusión dirixida Debate na aula na base de materiais previamente indicados polo profesor e lidos polo alumnado en horas non presenciais. O profesor dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
No apartado de Avaliación (Observacións 4.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia ás clases interactivas no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes