Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 A14 B1 B3 B5 B6 O traballo titorizado consistirá na redacción de unha entrada para a Galipedia ou na revisión doutra xa existente. O traballo será exposto oralmente na aula e a redacción definitiva será entregada unha semana despois da presentación oral.
Con carácter xeral o traballo realizarase en grupos de tres estudantes.
Instrucións específicas serán proporcionadas nas aulas e publicadas na plataforma moodle.
20
Seminario A11 A15 B4 B7 O traballo titorizado consistirá na redacción de unha entrada para a Galipedia ou na revisión doutra xa existente. O traballo será exposto oralmente na aula e a redacción definitiva será entregada unha semana despois da presentación oral.
Con carácter xeral o traballo realizarase en grupos de tres estudantes.
Instrucións específicas serán proporcionadas nas aulas e publicadas na plataforma moodle.
20
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A7 B3 B5 B8 Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada a ficha de valoración que estará disponíbel na plataforma moodle.
10
Proba mixta A2 A7 A11 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade.
50
 
Observacións avaliación

1. Requisitos para superar a materia

Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades avaliábeis. Caso de a suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final 4,9.

 2. Non presentado/a

Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. 

Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a consideración de PRESENTADO/A.

3. Segunda oportunidade

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

4. Dispensa académica

O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Proba mixta (60%).

2. Traballo titorizado (25 %).

3. Seminario (15 %).

Para fixar as condicións específicas do traballo titorizado e do seminario e, no seu caso, as datas de entrega/realización de actividades o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 10 de outubro.

5. Alumnado de segunda matrícula e posteriores ou con incompatibilidade horaria por razóns laborais

O alumnado con estas características que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 30 de setembro.

6. Convocatoria adiantada de decembro

Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes