Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Instrumento de avaliación dos contidos focados nas "Sesións maxistrais".
Traballos tutelados Actividade integrada no desenvolvemento dos "Seminarios" destinada a fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa entre o alumnado.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
A avaliación será feita a través dunha "Proba mixta" en que se avaliará a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado durante esas sesións na sala de aulas. Esta proba estará focada para a realización de actividades teórico-prácticas e para análises específicas de textos escritos ou de calquera outro material utilizado ao longo das sesións presenciais.
Presentación oral O "Traballo tutelado" será acompañado e presentado oralmente nos "Seminarios" necesarios para o efecto.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e as estratexias expositivas empregados, así como a clareza e disposición dos contidos vehiculados, constitúen os principais elementos a ter en conta polo alumnado neste tipo de actividades.
Recensión bilbiográfica Esta metodoloxía deriva da "Lectura" contemplada na estrutura dos "Seminarios" realizados ao longo do cuadrimestre.
Igual que o resto de materiais, será dispoñibilizada unha listaxe de lecturas para o conxunto da aula a través da plataforma Moodle.
Seminario Ao longo dos "Seminarios" (grupos reducidos) será realizado o acompañamento dos labores propios da materia.
Serán atendidas especificamente as seguintes cuestións:
1. Un TRABALLO TUTELADO, elaborado empregando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", do cal deriva tamén a correspondente "Presentación oral".
2. Unha LECTURA, seleccionada dunha listaxe fornecida polo profesorado, e a súa correspondente RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA invididual, que terá que ser realizada de acordo cos modelos e cos parámetros proporcionados polo/a docente e que despois deberá ser dispoñibilizada para o conxunto do grupo a través de Moodle.
3. Cada alumno/a terá que presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do "Traballo tutelado" realizado. Durante esa presentación oral, o alumnado deberá empregar os recursos tecnolóxicos precisos para o efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, das destrezas e das competencias abordados durante o curso.
Lecturas Tarefa integrada nos traballos propios dos "Seminarios".
Obradoiro Durante as sesións aquí identificadas como "Obradoiros" (grupos medios), o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas "Sesións maxistrais", así como das destrezas e das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita que fan parte dos obxectivos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e, sobre todo, estudos de caso.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Estudo de casos Esta metodoloxía intégrase no desenvolvemento tanto dos "Seminarios" como dos "Obradoiros".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes