Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudantado debe expresarse dunha maneira creativa, orixinal e imaxinativa en textos orais e escritos de lingua inglesa.
O estudantado debe ter a capacidade de entender as principais ideas da maioría dos textos orais ou escritos en inglés, seguir liñas argumentais complexas e identificar as principais conclusións ás que chegou o falante, sempre que o tema sexa relativamente coñecido.
O estudantado debe poder seguir os discursos de textos orais dos medios de comunicación, sempre que se fale un nivel de lingua estándar, pero mesmo tamén empregando unha cantidade considerable de linguaxe coloquial e de expresións idiomáticas. A6
B3
B4
B8
B10
C2
C4
O estudantado debe poder expoñer con claridade a súa opinión sobre diferentes temas e textos, explicando claramente e destacando os puntos principais do seu argumentario, debatindo de xeito axeitado, procurando convencer os demais e respondendo ás cuestións e dúbidas que poidan xurdir. A1
A6
A9
A10
A15
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B10
C2
C4
O estudantado debe tomar parte activa en debates orais sobre asuntos de interese cotiáns e xerais, explicando e defendendo o seu punto de vista usando unha linguaxe apropiada. A1
A6
A9
B3
B4
B5
B10
C2
O estudantado debe ser capaz de expresarse en inglés escrito con claridade e fluidez, dunha forma coherente e ben organizada, usando conectores de maneira apropiada. Deben usar vocabulario e estruturas que matizan e expresan modalidade: graos de certeza/incerteza, crenza/dúbida, probabilidade/improbabilidade, usando parágrafos e puntuación correctamente. A1
A6
A9
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
C2
C4
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes