Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Asignaturas
Lingua Inglesa 3
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A9 B4 B7 B8 B10 C2 Todo o estudantado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas orais en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronunciación e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticais. 15
Seminario A1 A6 A10 B6 C2 No seminario avaliarase o conxunto de tarefas de comprensión escrita (reading) e oral (listening) realizadas durante o curso. 20
Portafolios do alumno A1 A6 A9 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 Avaliaranse varias redaccións (writing). As características de cada unha serán explicadas polo profesor na aula. 15
Proba obxectiva A6 A15 B3 B6 C2 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais presentados na clase. Incluirá varios tipos de exercicios. Deste 40% da materia, 30% corresponderá a un exame escrito de gramática e vocabulario, 5% a unha comprensión de texto escrito (reading) e 5% a unha comprensión de texto oral (listening). 40
Foro virtual A6 A9 A10 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 O estudantado deberá participar no foro virtual da materia ao longo do curso, enlazando novas e expresando a súa opinión sobre elas, debatindo e contestando as achegas dos compañeiros, e tentando convencer os demais. Valorarase, ademais da corrección da linguaxe e a capacidade de debate, a frecuencia da participación no foro AO LONGO DE TODO O CURSO. 10

Observacións avaliación

Para superar a materia, o estudantado terá que cumplir as seguintes dúas condicións:

A) Media ponderada do conxunto das actividades superior a 50.

B) Ter máis dun 40% da nota en cada unha das seguintes tarefas: "proba oral", "seminario", "proba obxectiva" e "portafolios do alumno".

No caso de non cumprir con algunha destas condicións, o estudantado terá que acudir á oportunidade de xullo.

Entrega de traballos:

Aplicarase unha penalización do 25% aos traballos presentados fóra de prazo sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados automaticamente coa calificación de 0. Poderanse empregar programas específicos de detección do plaxio.

Cualificación de Non Presentado (NP):

Para obter a cualificación de Non Presentado (NP) o estudantado deberá non ter realizado a Proba obxectiva / Exame final, nin a Proba oral, nin ter entregado máis do 50% dos exercicios de avaliación continua.

OPORTUNIDADE DE XULLO:

O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá que acudir á oportunidade de xullo, que terá a mesma ponderación das diferentes actividades de avaliación mais na que parte dos traballos serán substituídos por novos traballos específicos. As partes da materia superadas (máis do 50% da nota) na primeira oportunidade non terán que ser repetidas na oportunidade de xullo.

DISPENSA ACADÉMICA:

O estudantado con dispensa académica oficialmente recoñecida será avaliado segundo as indicacións  para a oportunidade de xullo, mantendo as mesmas porcentaxes da avaliación e realizando as adaptacións dos traballos necesarias por motivos de presencialidade. O estudantado nesta situación deberá poñerse en contacto co profesorado tan pronto como teña coñecemento da mesma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes