Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Tradución
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B6 C3 O 25% correspondente a inglés consistirá en:

1. Unha tradución individual do inglés ao español (10%)
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés (10%)
3. Este traballo en grupo terá que ser exposto oralmente na aula (5%)
________________________________

O 12,5% correspondente a español consistirá en:

Exercicios e actividades de tradución inglés-español realizados na aula, individuais e en grupo, supervisados polo profesorado, que indicará en cada caso o peso que teñen dentro desta porcentaxe da nota.
________________________________

O 12,5% correspondente a galego consistirá en:

Unha actividade individual de tradución que será indicada e supervisada polo profesorado.
50
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 O exame terá tres partes: unha tradución ao inglés (25%), unha tradución ao español (12,5%) e unha tradución ao galego (12,5%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas partes para aprobar o exame. 50
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia.

-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado. 

-Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades  equivalentes aos obradoiros.

- Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións da parte de inglés correspondentes ao traballo individual e en grupo mediante actividades equivalentes que haberá que entregar ao profesorado correspondente antes da data do exame oficial.

- Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións e exercicios da parte de español non superadas mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle.

- Na oportunidade de xullo recuperarase a tradución da parte de
galego mediante unha actividade equivalente que será dispoñibilizada na
plataforma Moodle.

-Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta acadarán a cualificación de NP.

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte. 

-O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).  

Máis sobre os plaxios

Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de avaliacións, de cualificacions s de reclamacións na avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes