Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B9 C2 C3 C6 Teredes que facer dous traballos tutelados:

(1) unha carta de motivación (10%)
(2) un CV profesional (10%)

As pautas necesarias para facer os traballos explicaranse en clase, en Moodle e nas titorías do despacho.
20
Obradoiro B5 B8 C4 (GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector/a): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a cómo realizar un CV e unha entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer tarefas baseadas en material que estará en MOODLE.

Aqueles/as estudantes que amosen unha participación realmente extraordinaria nas aulas serán eximidos/as de realizar a proba audio-oral.
0
Sesión maxistral A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 (GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas e práctica tanto oral coma escrita. Antes de vir a clase, os/ás estudantes terán que ler NOTICIAS ou ver VÍDEOS que colgaremos en Moodle. Unha vez alí, DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN un ensaio argumentativo derivado do debate. Os devanditos ensaios serán corrixidos pola profesora e devoltos aos seus autores/ás ao longo do curso. Completaremos a práctica da gramática, o vocabulario e a escritura académica con algún XOGO.

Os/as alumnos/as que fagan unha presentación individual voluntaria terán a posibilidade de recibir unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).
0
Presentación oral B10 C1 A presentación consiste en facer un VÍDEO-PROXECTO entre 5 e 10 persoas cuxo contido sexa un ANUNCIO ou PROGRAMA para VENDER un PRODUTO ou MÉTODO. Mentres falan, os/as estudantes teredes prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que preparar o GUIÓN, gravar o VÍDEO e colgalo; o resto das pautas serán explicadas pola coordinadora.

Naturalmente, ínstase o alumnado a que use as titorías ao longo do cuadrimestre para consultar as súas dúbidas sobre este proxecto.
10
Proba mixta A1 A2 A9 A14 B3 C5 As partes do exame organizaranse como segue:

-EXAME DE LECTURA con coordinadora (15%): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos textos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o penúltimo día de clase.

-EXAME DE ESCRITURA con coordinadora (20%): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora que non foi debatido na clase; este ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática e o vocabulario coma coa escritura tipo MLA. Así pois, debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión.

-EXAME AUDIO-ORAL con lector/a (15%): Entrevista de traballo (en rexistro formal) seguindo as directrices explicadas e practicadas en clase, como tamén os modelos e consellos publicados en Moodle.
50
Seminario A8 A12 B4 B7 (GRUPOS MEDIANOS con coordinadora): dedicaremos parte destes grupos de exercer a comprensión da lectura de textos curtos que serán colgados en Moodle. Os/as estudantes deben ler estes textos de antelación, e tamén preparar exercicios Moodle, que serán corrixidos na clase e verificados pola profesora ao longo do curso .

Os/as alumnos/as que fagan un traballo individual voluntario poderán ter unha puntuación EXTRA sobre a nota global (ver observacións).

0
Proba de resposta breve A9 A10 C2 Cara ao final do cuadrimestre, faredes un exercicio na clase da coordinadora. O exercicio avaliará a continuidade con que adquiristes os coñecementos teóricos e se sodes capaces de aplicalos á práctica. 20
 
Observacións avaliación

- Se a coordinadora considérao conveniente,
poderá haber temas de auto-estudo. Os documentos para este fin serán
facilitados na plataforma virtual.

- Para poder superar a materia, hai que sacar
polo menos un 5 (sobre 10) EN CADA UN dos TRABALLOS TUTELADOS, a
PROBA DE RESPOSTA BREVE e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

- Os traballos deben entregarse en tempo e
forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha
causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico).

- Os traballos que mostren signos de plaxio
serán cualificados cun 0.

- O traballo voluntario dos/as alumnos/as
cualificarase engadindo unha porcentaxe EXTRA sobre a nota final. Podéis
elexir UNHA destas dúas opcións: OU BEN, UNHA PRESENTACIÓN ORAL
INDIVIDUAL: farase en clase da coordinadora nun evento chamado Talent Show--os
detalles serán explicados en clase (+0.5); OU BEN, UN ENSAIO DE INVESTIGACIÓN
INDIVIDUAL sobre unha (ou dous) das lecturas do exame (+0.5); o alumnado
interesado nesta tarefa terá que dicirmo ao comezo do curso; fixarei TRES
ENTREVISTAS convosco no meu despacho ao longo do cuadrimestre para discutir
sobre o desenvolvemento do voso traballo. Os ensaios que non fosen supervisados
por min desta forma non serán aceptados. Obviamente, devandita porcentaxe extra
engadirase á nota final a condición de que esta sexa igual ou superior a 5.

- En caso de folga de profesores/ás en días
de clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de
material didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as,
os/as docentes poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con
que substituír o traballo dese/vos día/s.

- Xa sexa na primeira ou a segunda
oportunidade, os/as estudantes que non veñan ao exame serán cualificados/ás
como Non presentados/as.

- Para a oportunidade de XULLO, haberá
traballos tutelados, proba de resposta breve e probas de exame obligatorias ao
igual que en xuño--o vídeo-proxecto tamén será opcional.

- Se optades pola oportunidade de xullo e
decidides facer o vídeo-proxecto, aínda que é opcional, debedes saber que tamén
ha de ser gravado e en grupo; con todo, esta vez, o número de integrantes en
cada grupo pode ser menor. Para concretar os detalles, o alumnado terá que
contactar obrigatoriamente coa coordinadora (ou ben no despacho ou ben por e-mail). 

 -O estudantado ao que se concedeu a
dispénsa académica, segundo especifícase na normativa universitaria, será
avaliado en calquera das dúas oportunidades de acordo cos criterios aplicados
na segunda oportunidade.

-Os/as estudantes que acudan á convocatoria
extraordinaria de decembro serán avaliados/as de acordo cos criterios
especificados para a oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes