Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A9 C2 Ao longo do cuadrimestre, faredes unha ou varias probas de resposta breve que avaliará/n a continuidade con que adquirides os coñecementos teóricos e a vosa capacidade para levalos á práctica. A/s data/s da/s devandita/s proba/s será/n anunciada/s ao comezo do cuadrimestre. 25
Traballos tutelados A6 A9 B1 B4 B8 B10 C2 -CARTA DE MOTIVACIÓN (10%)
-CV PROFESIONAL (5%)
As pautas para facer os traballos explicaranse en clase, en Moodle e nas titorías do despacho. As datas de entrega serán anunciadas por adiantado.
15
Presentación oral A6 A9 B1 B3 B4 B6 B8 C2 C6 C7 Consiste en facer un vídeo-proxecto, entre 3 e 10 persoas, presentando un anuncio ou infomercial para vender un producto ou método. O alumnado non poderá ler de ningún tipo de notas e terá que preparar o guión, gravar o vídeo e colgalo. O resto das pautas serán explicadas ao seu debido tempo.
Esta actividade non é obrigatoria.
10
Proba mixta A6 A15 B6 B10 C2 A proba incluirá as seguintes seccións: PRODUCIÓN ESCRITA seguindo a metodoloxía explicada na materia (20%), COMPRENSIÓN LECTORA dos denominados textos do exame (15%) e PROBA AUDIO-ORAL consistente nunha entrevista de traballo (15%). 50
 
Observacións avaliación
-Para aprobar esta materia, hai que sacar polo menos un 5 (sobre 10) EN CADA UN dos TRABALLOS TUTELADOS, a PROBA DE RESPOSTA BREVE e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

-Para a oportunidade de XULLO, haberá traballos tutelados, proba de resposta breve e probas de exame obligatorias ao igual que en xuño (o vídeo-proxecto opcional tamén terá OS MESMOS REQUISITOS). Nesta ocasión, cada estudante deberá realizar a(s) sección(s) que non superase na primeira oportunidade.

-O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

-O estudiantado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase segundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo.

-Para NON obter a cualificación de "Non presentado", a/o estudante debe asistir ao exame (mesmo se é só para escribir o seu nome) OU facer polo menos a metade do traballo puntuable.

-Para subir ata 0,5 a súa nota final, as/os alumnas/os poden facer un traballo voluntario que consistirá en participar nun concurso de talentos falando en inglés. Darase máis información na clase. Obviamente, a porcentaxe extra engadirase á nota final a condición de que esta sexa igual ou superior a 5. 

-Todos os traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" na mesma.

-Se a coordinadora o considera conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes