Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia da Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A4 A9 A11 A21 A22 B3 B4 C1 C7 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Obradoiro A4 A9 A14 A16 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C4 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 20
Lecturas A2 A4 A9 A11 A14 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C6 C7 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor: será avaliada a través das correspondentes recensións e/u comentarios críticos entregados. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, así como a calidade lingüística. 15
Proba mixta A1 A2 A4 A19 A20 A23 A25 A26 A27 A28 B4 B5 Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 40
Traballos tutelados A2 A4 A9 A11 A14 A15 A24 B1 B2 B3 B5 B6 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.

Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (50), traballo tutelado (30), lecturas (20). Se houber convocatoria adiantada de decembro, os criterios de avaliaciíon serán os mesmos que os de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes