Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Comunicación Oral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos de tipoloxía variada, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as discusións dirixidas, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo tutelado relacionado coa oralidade, en que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. O título concreto e o seu desenvolvemento deberán ser acordados co profesor. Deste traballo derivará unha presentación oral.
Proba mixta Trátase dunha proba escrita que recollerá actividades en que se avalíen os contidos do curso (actividades teóricas, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc.).
Presentación oral Cada alumno ou alumna realizará unha presentación oral do "Traballo tutelado" e outras exposicións orais relacionadas co "Obradoiro".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes