Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Comunicación Oral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A10 A15 A21 B1 B3 B4 B6 B7 Avaliarase a realización correcta das actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, transcrición fonético-fonolóxica etc.). 20
Traballos tutelados A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma, o grao de consecución das destrezas propias da materia, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 20
Presentación oral A4 A9 A15 A21 B2 B4 B6 C3 C6 Serán valorados a calidade lingüística, os recursos e as estratexias expositivas empregadas, a coherencia e a cohesión do discurso, a clareza da exposición etc. 20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A9 A10 A15 A21 A25 B7 Valoraranse os contidos, a clareza e o rigor expositivo, así como a calidade lingüística das respostas. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntossobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

Oalumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo, todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso dedeficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesorado a través do correo electrónico.

Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios ecoas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistirao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior deactividades ao 50%.

Para o resto de casos non contemplados nestas "Observacións" seguirase o disposto na "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes