Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Comunicación Oral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A10 A15 A21 B1 B3 B4 B6 B7 Avaliarase a realización correcta das actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, transcrición fonético-fonolóxica etc.). 10
Traballos tutelados A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma, o grao de consecución das destrezas propias da materia, a clareza expositiva e a calidade expresiva. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). 20
Presentación oral A4 A9 A15 A21 B2 B4 B6 C3 C6 Serán valorados a calidade lingüística, os recursos e as estratexias expositivas empregadas, a coherencia e a cohesión do discurso, a clareza da exposición etc. 20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A9 A10 A15 A21 A25 B7 Valoraranse os contidos, a clareza e o rigor expositivo, ben como a calidade lingüística das respostas. 40
Lecturas A2 A4 A9 A21 B1 B2 B3 B6 B7 C6 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor; será avaliada a través dos correspondentes resumos e recensións na aula e tamén mediante unha pregunta na proba mixta. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva e a calidade lingüística. 10
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente,







todas as
actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de
reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo
o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado
pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.

4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 4 valores, absorvendo así o "Obradoiro", que desaparece como elemento de avaliación. Antes da data oficial do exame ten de ser entregue o "Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados idénticos principios de avaliación que na oportunidade de xullo.

5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a "Proba mixta"; b) a alumna ou o alumno non entregou nin realizou ningunha das actividades previstas ("Traballo tutelado", "Presentación oral"); c) o alumno ou a alumna non fixo nin a "Proba mixta" nin realizou ningunha das actividades programadas ("Traballo tutelado" e "Presentación oral").

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes