Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Portuguesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B6 B7 C2 C4 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final.
Terase en conta especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
Proba obxectiva A1 A2 A4 A8 A10 A11 A15 A22 A26 B1 B3 B5 B6 B7 C2 O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Discusión dirixida A8 A10 A15 A20 B4 B5 B7 B10 C2 C4 As intervencións orais de cada estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10% da nota final. 10
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 Cada alumno ou alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba obxectiva deberá obter como mínimo 5 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

3. O alumnado con matrícula parcial e / ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; porén, a parte correspondente á discusión dirixida realizarase na data marcada para a presentación oral. Se este alumnado non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba obxectiva.

6. O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e traballos tutelados (30 %).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes