Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Portuguesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A10 A15 B1 B3 B6 B7 C2 C4 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final.
Terase en conta especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
Proba obxectiva A1 A2 A4 A8 A10 A11 A15 A22 A26 B1 B3 B5 B6 B7 C2 O estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Discusión dirixida A8 A10 A15 A20 B4 B5 B7 B10 C2 C4 As intervencións orais de cada estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10% da nota final. 10
Presentación oral A8 A15 B3 B4 C2 Cada alumno ou alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1.
Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e cos
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e que subirá ao campus virtual. 

1.2. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba obxectiva
deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 para poder sumar os
restantes elementos de avaliación.

1.3. Se houber
criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado
en formato "rúbrica" nas aulas ou a través
do campus virtual. O / A docente achegará, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

1.4. Os traballos tutelados entregaranse na  aula, en papel, nos días fixados polo profesorado.

1.5. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final das
actividades
se estas se entregaren fóra de prazo sen causa xustificada.

1.6. Os / As
alumnos/as que non superaren a materia na 1.ª oportunidade (xaneiro) poderán recuperala parcial ou
totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas detalladas na epígrafe
seguinte.

1.7. Tanto as actividades como as probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias
mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de
Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado no campus virtual).

1.8. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante).

1.9. En
calquera actividade avaliábel a falta de honradez académica levará consigo a
cualificación de 0 na convocatoria en que se producir.

1.10. A materia poderá ser adaptada aos/ás estudantes que
precisaren da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na
UDC / no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
ou, no seu defecto,
coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).


2. CUALIFICACIÓN  NA 2.ª OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1.
As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas reservadas para a avaliación pola
Facultade de Filoloxía, os traballos que se lles solicitaren e
superar tamén aquelas probas (orais e / ou escritas) fixadas polo
profesorado da materia.


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A (NP)

3.1.
Será considerado/a Non Presentado/a aquel alumno ou alumna que non
compareza á proba escrita ou que non entregue ningunha das actividades.


4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1.
O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará
ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada
previamente
co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante (os traballos relativos ao obradoiro
solicitaránselle por e-mail) e, se non puidese asistir ás titorías,
deberá contactar cos / coas docentes a través do correo
electrónico.


5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

5.1. O alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte manera: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20 %) e traballos tutelados (30 %).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes