Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Medieval Galego-Portuguesa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Medieval Galego-Portuguesa Código 613G02023
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura medieval galego-portuguesa a través dos seus textos e autores máis representativos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Obradoiros (computa na avaliación) – Lecturas (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican – A Proba Mixta será substituída por “estudo de casos”. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. A demanda do alumnado. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutorizados – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Haberá encontros regulares, con base na planificación inicial da materia, para o atendemento do alumnado, o acompañamento dos traballos, así como para pór en praática o desenvolvemento dos contidos teóricos da materia. No Moodle serán disponibilizados, explicados e atribuídos todos os elementos relacionados cos “estudos de caso” sustitutivos da proba mixta, así como o "aggiornamento" necesario (máis de pormenor) de calqueira outro aspecto do desenvolvemento da materia. – Teams: Unha sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutorizados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. As sesións "ad hoc" necesarias para o seguimento e apoio na realización do “estudo de casos”. 4. Modificacións na avaliación – Lecturas (20%): En relación coas lecturas serán obxecto de avaliación a adecuación dos resumos das mesmas, así como a pertinencia das reflexións persoais sobre elas, no contexto dos coñecementos adquiridos e dos contidos desenvolvidos que lles digan respecto. – Obradoiros (30%): En relación cos obradoiros serán obxecto de avaliación a capacidade analítica dos temas abordados, a cualidade da exposición oral e/ou escrita e a adecuación aos contidos e aos obxectivos propostos derivados das previas lecturas atribuídas. – Estudo de casos (50%): En relación co estudo de casos será obxecto de avaliación tanto a precisión expresiva e dos contidos, como a adecuación ás competencias xerais da materia dos comentarios, análises e reflexións realizados. *Observacións de avaliación: – Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. – O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos PRAZOS fixados. Todas as actividades realizadas por escrito deberán cumprir unhas exixencias mínimas de CORRECCIÓN LINGUÍSTICA. No caso de deficiencias linguístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo os criterios que constan no documento "Exixencias mínimas de corrección linguística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). – Na OPORTUNIDADE DE XULLO serán aplicados, no seu caso, as mesmas metodoloxías e os mesmos criterios de avaliación que figuran para o caso de continxencia. Todas as actividades previstas serán entregues de acordo cos procedementos e os prazos indicados oportunamente polo profesorado. – O alumnado con MATRÍCULA PARCIAL E/OU DISPENSA ACADÉMICA deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ao atendemento, deberá porse en contacto co profesorado através do correo electrónico coa suficiente antecedencia. – O sistema de avaliación na CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO consistirá nunha proba mixta ou estudos de caso equivalentes (50%) e nun traballo tutorizado (50%). O alumnado interesado en concorrer a esta convocatoria deberá contactar o profesorado coa suficiente antecedencia. – A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta ou non realizar o estudo de casos e/ou cando tiver entregado un número de actividades inferior ao 50% de entre as contempladas no apartado de “avaliación” para o caso dunha posíbel situación de continxencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía – Realizaránse os axustes necesarios para que o estudantado, na medida do posíbel, poida dispor de todos os materiais de traballo precisos en formato dixital en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes