Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Medieval Galego-Portuguesa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Aplicada á primeira sesión da disciplina, en que se expón o funcionamento da materia, a bibliografía básica recomendada, a metodoloxía das actividades avaliábeis, así como tamén se presentan ao alumnado as bases de datos e recursos que serán empregados. As actividades iniciais son moi útiles para coñecer as competencias e intereses que posúen os e as estudantes coa finalidade de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe.
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora que facilita a visión xeral do tema en cuestión, mais tamén permite a explicación de contidos recentes e novidosos que non están aínda incorporados nos libros e manuais. Estas exposicións orais compleméntanse co uso de recursos relacionados coas TIC, así como tamén se introducen nelas preguntas dirixidas ao estudantado coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e incitar á reflexión. Estas sesións sérvenlle ao alumnado como preparación para a realización das prácticas.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de textos e paratextos de diversa tipoloxía.
Seminario Esta metodoloxía é moi útil para estudar con pormenor temas concretos nos grupos reducidos, pois permite a lectura de materiais, a discusión e a elaboración de documentos e conclusións que debe tirar todo o alumnado.
Glosario O alumnado debe confeccionar conxuntamente un glosario de termos poéticos e literarios. Esta actividade será realizada a través do Campus Virtual (esta plataforma contempla a realización de glosarios) e o alumnado terá de incluír a definición e exemplos dos termos fixados pola profesora e dos que eventualmente poidan aparecer nas aulas. O obxectivo é que no final do período lectivo o estudantado conte cunha ferramenta para a revisión dos conceptos de cara á realización da proba mixta, dos seus traballos e para o seu aproveitamento futuro. Esta actividade será iniciada nas sesións prácticas do subtema (Poética e retórica trobadorescas) 4 e completado con frecuencia semanal.
Lecturas Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da Información. Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula.
Presentación oral Consistirá na exposición dunha lectura sobre a Idade Media, previamente acordada coa profesora.
Prácticas a través de TIC Nesta materia trátase do manexo de diversos recursos en rede e portais especializados para a aplicación práctica de coñecementos adquiridos nas sesións teóricas.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes