Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Medieval Galego-Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A7 B6 B7 C1 C6 Terán de realizarse as leituras obrigatórias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc" e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
20
Proba mixta A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 50
Obradoiro A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 C8 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade tipolóxica. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá
obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos
avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo
fixado.

O alumnado que se vaia presentar á convocatoria adiantada de decembro, con matrícula parcial, semipresencial, dispensa académica ou calquera outra particularidade especial deberá pórse en contacto coa profesora ao comezo do curso a través do correo
electrónico e/ou utilizar o horarío de titorías fixado polo centro.

Na segunda oportunidade haberá que superar as mesmas probas que na primeira. 
























A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a
non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades
contempladas inferior ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes