Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Galega Contemporánea 1 Código 613G02024
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Web http://http://www.udc.gal/filo
Descrición xeral Estudo, a través dos textos, da produción literaria galega do século XIX.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas. Traballos titorizados. Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral. Serán realizadas ben a través de Moodle, con presentacións xerais e breves lecturas complementares, ben a través de sesións síncronas/asíncronas en Teams. Proba mixta. A proba mixta realizarase de maneira asíncrona. O alumnado poderá facer uso na súa realización de todos os recursos e materiais vinculados coa materia e facilitados pola profesora. Asistencia a eventos. A asistencia presencial será substituída pola visualización de un evento a través da internet. Análise de fontes. Será realizada proporcionando ao alumnado liñas de lectura dos materiais vinculados a cada tema, ben a través de Moodle, ben a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Foros específicos en Moodle, videotitorización a través de Teams, resposta ás consultas por correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as actividades e as porcentaxes da avaliación, coas seguintes especificacións: Proba mixta. Realización dunha proba escrita non presencial en modo asíncrono sobre os contidos e as lecturas da materia. O alumnado deberá facer uso dos recursos e dos materiais vinculados coa materia e facilitados pola profesora. Eventos científicos e divulgativos. Os eventos serán visualizados a través de internet. Análise de fontes documentais. Os comentarios e análises realizaranse a través de Moodle e/ou Teams e as presentacións poderán ser orais (síncronas/asíncronas) en Teams ou substituídas por presentacións en PPT (ou similar). Todas as entregas serán realizadas a través da plataforma Moodle. *Observacións de avaliación: Mantéñense as recollidas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados materiais específicos (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle para o acompañamento das sesións non presenciais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes