Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora. 20
Proba mixta A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa. 40
Lecturas A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 Haberán de realizarse as lecturas obrigadas que se recollen no apartado Fontes de información.
Igualmente a profesora sinalará outros textos de lectura e indicará, en cada caso, a posibilidade ou a obriga de realizar algún tipo de exercicio escrito (recensión, comentario) ou oral (exposición, presentación) sobre eles. Solicitaranse, como máximo, 2 actividades deste tipo.
20
Análise de fontes documentais A19 A17 A15 A14 A11 A10 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 Na aula realizarase a lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos, etc. A profesora poderá solicitar a entrega de 1 exercicio escrito individual con estas características. En calquera caso, valorarase a participación do/a estudante/a na aula nestas actividades. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.


O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo,
todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non
puider asistir ás tutorías, deberá pórse en contacto coa profesora a
través do correo electrónico.

Na
segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Terán tamén que realizar unha presentación oral de carácter similar á definida para o resto do alumnado e para a que se fixará día e hora no mes de xullo.
A cualificación de Non Presentado/a existirá cando a alumna ou o alumno non asistir, ao menos, ao 50% das sesións presenciais e non realizar, ao menos, o 50% das probas-actividades previstas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes