Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A9 A11 A14 A15 A25 B1 B3 B6 B7 B8 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Lecturas A2 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C8 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
Obradoiro A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B6 B7 B9 C4 C6 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 15
Traballos tutelados A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C4 C6 C7 C8 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A25 A27 B1 B3 B6 B7 Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 50
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia,
o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos
sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10,
para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.

O
alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo,
todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non
puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto coa profesora a
través do correo electrónico.

Na
segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Terán tamén que realizar unha presentación oral de carácter similar á definida para o resto do alumnado e para a que se fixará día e hora no mes de xullo.
A cualificación de Non Presentado/a existirá cando a alumna ou o alumno non asistir, ao menos, ao 50% das sesións presenciais e non realizar, ao menos, o 50% das probas-actividades previstas.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes