Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Portuguesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados. 15
Recensión bilbiográfica A11 A15 B5 Avaliación da adecuación, sustentabilidade e pertinencia dos xuízos emitidos na(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas. 5
Presentación oral A11 A15 B3 B7 C2 Avaliación da capacidade expositiva e da profundidade e adecuación dos contidos expostos na presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados.
Para alen do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo.
10
Proba mixta A2 A11 A18 A20 B5 C2 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
Lecturas A2 A8 A14 A18 A20 B3 B5 B7 B8 C2 C4 Terán de realizarse as leituras obrigatórias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc" e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
10
Obradoiro A2 A11 A14 A15 B1 B3 B6 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade tipolóxica. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta
deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes
elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no
prazo fixado.

O alumnado que se vaia presentar á convocatoria adiantada de decembro,
con matrícula parcial, semipresencial, dispensa académica ou calquera
outra particularidade especial deberá pórse en contacto co profesorado
ao comezo do curso a través do correo
electrónico e/ou utilizar o horarío de titorías fixado polo centro. En todos estes casos (e salvo excepcións motivadas e xustificadas), haberá que superar as mesmas probas e cumprir as mesmas exixencias antes indicadas para a primeira convocatoria (ordinaria).

Na segunda oportunidade, para superar a materia, tamén haberá que superar as mesmas probas e cumprir as mesmas exixencias que na primeira (ordinaria). 

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a
alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%

____________________

Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo /a
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

_______________

Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado en Moodle). No xeral, a falta de honradez académica nun exame conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a reprobación da actividade concreta.

---------------------------

A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva,
de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes