Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Con especial atención à perspectiva de xénero e utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará individualmente ou en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa, a documentación e a elaboración de proxectos) do cal se derivará tamén a correspondente presentación oral na sala de aulas. Tanto a eventual composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións.
Lecturas Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos contidos focados na materia e recollidas nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. O número destas lecturas será inferior a seis por estudante e, delas, no mínimo un artigo ou capítulo de libro será obxecto de presentación oral e un libro da recensión bibliográfica.
Presentación oral Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas nunha das leituras realizadas.

Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Recensión bilbiográfica O alumnado realizará unha "Recensión bibliográfica" individual dunha lectura (en formato libro) seleccionada entre a listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. A correspondente recensión pode ser obxecto de comentario nas aulas e será disponibilizada para o conxunto do grupo a través do Moodle.
Estudo de casos Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos conteúdos focados na materia e ás destrezas que é esperado desenvolver.
Sesión maxistral Apresentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes