Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Edición e Comentario dos Textos Galegos e Portugueses
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica os contidos teóricos e procedementais fundamentais para que o alumnado poda atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de prácticas ecdóticas e de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado.
No paso 8 desta Guía, atópase a referencia da obra de lectura obrigada.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escollido entre unha serie de propostas presentadas no inicio de curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes de diverso tipo.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico, de edición e comentario etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes