Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Edición e Comentario dos Textos Galegos e Portugueses
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A11 B3 B6 B7 B8 Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. Eventualmente poderán ser solicitados breves resumos ou fichas de lectura. 15
Traballos tutelados A1 A2 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 25
Obradoiro A1 A2 A11 A14 A15 B1 B3 B7 C1 C6 Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (edición de textos, comentarios etc.). 20
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A16 A27 A28 B7 C1 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con edición e comentario de textos. Serán valoradas cuestións como o rigor expositivo e a calidade expresiva.
40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes
elementos avaliables.












O alumnado terá de entregar os traballos e actividades
solicitados no prazo fixado.

Todas as actividades ou
probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección
de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4).

As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co profesorado para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes aos da dispensa académica. 

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos solicitados polo profesorado (ficha da obra de lectura obrigada [15%] e traballo tutelado [35%]) e superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes