Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Normalización e Planificación da Lingua Galega
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado presentará e desenvolverá os contidos que integran o temario. Estas sesións servirán como base para o desenvolvemento das outras metodoloxías e estarán orientadas á consecución dos resultados de aprendizaxe previstos.
Obradoiro Serán propostas actividades prácticas de diferente tipo que permitan relacionar os contidos presentados nas sesións maxistrais coas outras metodoloxías desenvolvidas na materia. Estas actividades promoverán a reflexión teórica e metodolóxica e o pensamento crítico do alumnado.
Presentación oral Cada estudante seleccionará, de acordo co profesorado, unha acción de planificación lingüística relacionada cos ámbitos e sectores a que fan referencia os temas 2 e 3, que explicará e analizará criticamente nunha das sesións presenciais.
Traballos tutelados Cada estudante deseñará unha proposta de planificación para a lingua galega, cuxo obxecto e orientación metodolóxica serán acordados previamente co profesorado en sesións de seguimento. O resultado será presentado e debatido nunha sesión conxunta final.
Lecturas O profesorado proporá a realización de lecturas obrigatorias e complementares ao longo do curso. Os seus contidos serán desenvolvidos e analizados criticamente a través de actividades prácticas de diferente tipo, como exercicios, comentarios e debates.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes