Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Normalización e Planificación da Lingua Galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A4 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C2 As lecturas formarán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán que ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. 30
Presentación oral A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 O/a estudante terá que argumentar sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas sobre planificación lingüística nun determinado ámbito ou sector. 30
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 A19 A23 A24 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Cada estudante terá que realizar un traballo sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxo tema e cuxa orientación requirirá o visto e prace da persoa docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, no traballo tutelado deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.



Tanto a presentación oral, como o resultado das lecturas, como o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.



O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto coa profesora a través do correo electrónico.

Así mesmo, a principio de curso, deberán definir coa profesora o traballo tutelado que deberán desenvolver.

Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes