Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega e Estudos Socioculturais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.

Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos.
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
Actividades iniciais Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación en eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Proba de ensaio Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxa orientación e características formais seguirán as indicacións establecidas previamente pola profesora.
Esta actividade permite avaliar a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade da/do estudante. Implica, por tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Solución de problemas Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de actividades prácticas ou traballo tutelado sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar á docente nas datas marcadas.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes