Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega e Estudos Socioculturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A3 A7 A10 A11 A17 A19 A2 A4 A9 A14 A15 B2 B9 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C1 C4 C6 O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. 20
Proba de ensaio A17 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B5 B7 B1 B3 B6 B8 C1 C3 C6 C4 Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxa orientación, dimensións e características formais seguirán as indicacións establecidas previamente pola profesora.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor no desenvolvemento do tema seleccionado, así como a clareza expositiva e expresiva.
40
Discusión dirixida A2 A4 A14 A15 A1 A11 B3 B4 B5 B8 B10 B10 C1 C4 Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
20
Solución de problemas A1 A10 A17 A2 A4 A9 A11 A15 B6 B3 B5 B8 C4 C1 Actividades prácticas non presenciais que deberán ser entregadas nos prazos marcados.
Avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a aplicación dos contidos teóricos á práctica, para alén da corrección na análise e na expresión escrita.
20
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e colgado en Moodle).

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1. Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.

2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Análise de fontes documentais e Discusión dirixida). Así, a valoración estará composta polo 50% das actividades englobadas no apartado "Solución de problemas" (unha das cales será presentada de modo oral) e o 50% da "Prueba de ensaio", que deberá ir tamén acompañada dunha presentación oral. A entrega dos traballos, así como a realización das presentacións, terán lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía.

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

Nesta
oportunidade adiantada cada estudante será avaliado/a de modo similar á segunda
oportunidade (xullo). A valoración estará composta polo conxunto de actividades
(50%) que se engloban na epígrafe de "Solución de problemas" (unha
das cales será presentada de modo oral) e o 50% da "Proba de ensaio",
que deberá ir tamén acompañada dunha presentación oral. A entrega dos
traballos, así como a realización das presentacións, terán lugar na data
oficial marcada pola Facultade de Filoloxía.

4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a  imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

5. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non presente a "Proba de ensaio" e, alén diso, cuxo número de actividades avaliadas for inferior ao
50 %.

6. OUTRAS PRECISIÓNS

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a reprobación da actividade concreta. 

A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos
servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de
maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de
Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)." 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes