Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Medieval Latin Culture
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A13 Asistencia ás aulas. Para obter a puntuación deste apartado é necesario que o alumno asista como mínimo ó 70 % das sesións. 10
Collaborative learning A2 A16 Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. 15
Supervised projects A11 B6 Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia e deberá facerse durante a penúltima semana de clase. 25
Mixed objective/subjective test B5 B7 Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas coma nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en tradución, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade ca os que teñan sido comentados e estudiados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros finalicen a proba e entreguen o exame. Requerirase unha cualificación mínima de 5 sobre 10 para dar por superada esta proba. 50
 
Assessment comments

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades e/ou probas non superadas ou non presentadas anteriormente.

Os/as estudantes que, por teren dispensa académica, non asistan ás sesións maxistrais e prácticas deberán preparar pola súa conta os traballos e actividades programados para a avaliacion da materia. A cualificación ponderada será: 50% (traballos); 50% (proba final) 

Os estudantes recibirán a cualificación de Non Presentado en caso de non asistiren ás probas finais das oportunidades de maio e xulio. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes