Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  As Linguas Románicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A10 A11 A12 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C3 Valorarase a destreza na identificación nos textos dos trazos lingüísticos explicados nas clases. 25
Proba mixta A9 B5 B7 B8 C6 Valorarase a corrección e o grao de profundizamento nas respostas, segundo o requirido en cada caso, así como a corrección lingüística. O caso dos estudantes Erasmus será obxecto de consideración especial, aínda que se esixirá igualmente un mínimo de corrección. 45
Sesión maxistral A2 A7 A13 A23 A24 A25 A26 A27 A28 B5 B8 B10 C4 Terase en conta a asistencia ás clases e a participación activa nelas. 10
Recensión bilbiográfica A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a análise completa e a reflexión crítica sobre a(s) obra(s) lida(s), así como a corrección na expresión. 20
 
Observacións avaliación

Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha reestruturación das porcentaxes sinaladas, substituíndo a correspondente á asistencia ás sesións maxistrais. 

O alumno levará a cualificación de NP se non realiza ningunha das actividades avaliables ou se só realiza unha, sempre que esta sexa a recensión ou a análise de fontes documentais. Se se presenta só a proba mixta, será avaliado. 

Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar todas as actividades propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas ou suspensas e acadar a puntuación requirida; se o carácter da proba non o permite, deberá levar a cabo outra actividade similar que será indicada pola profesora.

O sistema de avaliación será obxecto de adaptación para os alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. nas que non poidan participar sexan compensadas con outras. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes