Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais
A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas.
Lecturas O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias pois, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ter lído os textos correspondentes.
As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Esquemas Consistirán estas prácticas na realización de resumos e fichas sobre as obras de lectura obrigada.
Proba mixta Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Sesión maxistral Será avaliábel a asistencia activa ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será esixido para a superación do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes