Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Contemporary Galician Literature 2
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis
A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas.
Workbook O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias antes da sesión correspondente. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Mixed objective/subjective test Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Oral presentation Presentación oral individual dunha ou varias obras incluídas nos contidos da materia, seleccionadas entre a profesora e cada estudante no inicio do curso.
Nalgún caso, e previa á exposición na aula, o/a alumno/a terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. Esta poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio.
Events academic / information Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Guest lecture / keynote speech Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes