Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais
A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas.
Lecturas O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Proba mixta Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Traballos tutelados Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigatoria. O tema e dimensións serán acordados coa profesora na aula, nas horas de atendemento ou a través do correo laura.tato@udc.gal.
Actividades iniciais Presentación e aprendizaxe de uso das plataformas dixitais da literatura galega contemporánea.
Discusión dirixida Comentario colectivo realizado a partir dos textos literarios seleccionados pola profesora e que estarán a disposición do alumnado na plataforma Moodle.
Recensión bilbiográfica Traballo individual realizado na aula sobre unha ou varias obras.
Seminario Traballo en grupo reducido en torno ás obras de lectura e/ou textos seleccionados pola profesora.
Presentación oral Comentario individual realizado na aula sobre un texto ou unha obra de lectura obrigada.
Sesión maxistral Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes