Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais
A profesora iniciará a análise e comentario de obras literarias incluídas na programación ou doutro tipo de materiais (textos teóricos, filmes etc) e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados (orais e/ou escritos) segundo as pautas estabelecidas.
Lecturas O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Proba mixta Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Traballos tutelados Traballo individual sobre algunha das obras de lectura obrigatoria, seleccionada entre a profesora e cada estudante no inicio do curso. O tema, características e dimensións serán acordados coa profesora na aula, nas horas de atendemento ou a través do correo carme@udc.gal.
Actividades iniciais Toma de contacto para coñecer o nivel inicial de lecturas e coñecemento xeral da literatura galega contemporánea (século XX) por parte do alumnado da materia.
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse na aula comentarios colectivos a partir de textos literarios ou discutiranse algúns aspectos do temario a partir de textos críticos seleccionados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
Seminario Traballo en grupo reducido en torno ás obras de lectura e/ou textos seleccionados pola profesora.
Presentación oral Presentación oral individual da mesma obra escollida para a realización do traballo tutelado.
Previa á exposición na aula, o/a estudante terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. Esta poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio.
Sesión maxistral Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes