Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A4 A3 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta. 20
Análise de fontes documentais A27 A23 A17 A15 A14 A11 A10 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 Os comentarios de textos que se realicen na aula ou en casa polos alumnos/as poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta. 20
Proba mixta A2 A1 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Para a realización desta proba poderá dividirse a materia en dúas partes.
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

Para a segunda oportunidade do mes de xullo, aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que entregar, na data marcada para o exame, os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e o traballo tutelado(no caso de o ter reprobado con anterioridade). O resto da cualificación (un 60%) basearase nunha proba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas obrigatorias.

Os/as alumnos/as que tiveren matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria polo que terán que se poñer en contacto coa profesora para fixar o tema do traballo. A presentación oral do mesmo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.


A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) ou cando non asista e participe, ao menos, no 50% das sesións presenciais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes